Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

O café… o gran aliado de todos nos! se hai unha paixón compartida entre todos os centros ese é o momento do café!! E tanto en Vimianzo como en Cee é un momento de ocio imprescindible no que intentamos traballar transversalmente moitas habilidades e actividades da vida diaria.  Mediante un sistema de turnos todos van cumprindo coas tarefas de preparación e  limpeza e deste xeito creamos unha rutina na que todos colaboran.

No centro de Vimianzo unha das actividades que facemos no noso taller é a decoración de tazas, polo que esta semana decidimos personalizar as nosas propias tazas do café. Así que, puxémonos mans a obra e agora temos unha taza personalizada cada un de nos!que mellor maneira de disfrutar o café que tendo entre as nosas mans unha obra de arte propia!!! Sen dúbida agora o café sabe aínda mellor.

20150519_122125

20150520_124437

VOLVER