NOVAS TECNOLOXIAS NO CRPL DE CARBALLO
En Carballo contamos con un Taller de Novas Tecnoloxías, donde os usuarios aprenden a manexar tanto os entresixos dos ordenadores como dos teléfonos intelixentes; nos primeiros traballamos en programas on-line de mecanografía, correos electrónicos, comentarios en blogs e páxinas web, tamen aprenderon a facer power points, así como xogos de estimulación cognitiva, baixar videos ou música de Youtube, participar nas redes sociais ou incluso mirar o mercado bursátil aqueles a quen interesa. En resumen pensamos que o dominio das novas tecnoloxías supón acceder a toda unha rede de servicios sociais de apoyo, e aprendendo, contribuimos a que a sociedade nos acepte mellor, así como a eliminar falsas creencias sobre as persoas de este colectivo entre elas que as persoas con enfermidade mental se dedican básicamente a actividades ocupacionais ou traballos de baixa cualificación. Rachemos con esta idea.