“O AMOR É DE CORES, NON O PINTES DE NEGRO”

Por: | Etiquetas:: , , | Comentarios: 0 | diciembre 3rd, 2014

Esta semana celebrouse o día contra a Violencia de Xénero, e decidimos acudir  os dous centros  xuntos ó acto que se celebraba en Vimianzo. O evento tivo lugar na praza do concello, a él asistiron  diferentes asociacións e colexios da localidade.  Todos eles lían  unha frase ou lema en contra da Violencia de Xénero e aportabamos  un lazo de cor violeta realizado por nós mesmos. Dende APEM,  escollemos  a dous usuarios para representar a nosa entidade. Un deles, pertencía ó C.R.PL  Vimianzo e leu o slogan que elaboramos previamente entre todos : “O AMOR É DE CORES, NON O PINTES DE NEGRO”;  e  a tarefa da imposición do lazo correspondeulle ó usuario do C.R.P.L de Cee.

Para rematar esta xornada de sensibilización  fomos dar un paseíño polo concello, xa que moitos dos usuarios non o coñecían. Por suposto o Castelo foi unha parada obrigatoria.

 

 

Cee-Vimianzo 1

 

Cee-Vimianzo 2

 

 

 

 

 

 

Cee-Vimianzo 3