Este pasado domingo, 14 de febrero, celebrábase o día do amor e da amizade. Aínda
que en España a tradición parece que está limitándose tan só ás parellas e ó regalo
comercial, en Apem Cee e en Apem Vimianzo esta semana quixemos recuperar a
verdadeira historia que conmemora este día.
Fixemos un taller de lectura no que entre todos lemos a historia de San Valentín, un
sacerdote valente e que creía no amor. Analizamos as diferentes tradicións en outros
países e logo puxémonos mans a obra.
Realizamos un torbellino de ideas de piropos ou cualidades positivas que pode ter
unha persoa, menudas risas e canta complicidade xurdiu neste momento!o simple
feito de oír palabras agradables e que destacan o valor de cada persoa fixo que o
clima de traballo comezase mooooi ben.
Logo cada un dos participantes escribía o seu nome nun papel, doblámolos e
comezamos a repartilos ó azar. Desta forma cada un ía ter un destinatario a quen
enviarlle un agasallo no día da amizade.
Materiais na mesa e mans a obra! recortamos pequenas tarxetas e fixemos as flores
para decorar. Finalmente, como veredes na foto todos escribían o mesmo texto e ó
final engadían as cualidades positivas que creían que tiña a persoa destinataria.
Como costa a veces decir piropos e sen embargo o ben que senta que nos valoren os
pequenos detalles da nosa personalidade!!temos que poner isto mais veces en
práctica…
Finalmente cada un de nós recibiu o seu agasallo!!!unha postal na que se recalcaban
a lo menos tres cualidades positivas nosas. Imposible describir a felicidade, emoción
e orgullo que se palpaba no ambiente! E con este bó clima entre todos acordamos
facer o mesmo detalle a todos os profesionais do centro!!!
AMIZADE É AMOR PARA TODOS!!!Viva San Valentín, vivan a amizade e os detalles os
365 días do ano.