O DÍA DA AMIZADE ATERRIZOU EN APEM

Por: | Etiquetas:: , | Comentarios: 0 | febrero 16th, 2016

Este pasado domingo, 14 de febrero, celebrábase o día do amor e da amizade. Aínda

que en España a tradición parece que está limitándose tan só ás parellas e ó regalo

comercial, en Apem Cee e en Apem Vimianzo esta semana quixemos recuperar a

verdadeira historia que conmemora este día.

Fixemos un taller de lectura no que entre todos lemos a historia de San Valentín, un

sacerdote valente e que creía no amor. Analizamos as diferentes tradicións en outros

países e logo puxémonos mans a obra.

Realizamos un torbellino de ideas de piropos ou cualidades positivas que pode ter

unha persoa, menudas risas e canta complicidade xurdiu neste momento!o simple

feito de oír palabras agradables e que destacan o valor de cada persoa fixo que o

clima de traballo comezase mooooi ben.

Logo cada un dos participantes escribía o seu nome nun papel, doblámolos e

comezamos a repartilos ó azar. Desta forma cada un ía ter un destinatario a quen

enviarlle un agasallo no día da amizade.

MateriaIMG-20160216-WA0000is na mesa e mans a obra! recortamos pequenas tarxetas e fixemos as flores

para decorar. Finalmente, como veredes na foto todos escribían o mesmo texto e ó

final engadían as cualidades positivas que creían que tiña a persoa destinataria.

Como costa a veces decir piropos e sen embargo o ben que senta que nos valoren os

pequenos detalles da nosa personalidade!!temos que poner isto mais veces en

práctica…

Finalmente cada un de nós recibiu o seu agasallo!!!unha postal na que se recalcaban

a lo menos tres cualidades positivas nosas. Imposible describir a felicidade, emoción

e orgullo que se palpaba no ambiente! E con este bó clima entre todos acordamos

facer o mesmo detalle a todos os profesionais do centro!!!

AMIZADE É AMOR PARA TODOS!!!Viva San Valentín, vivan a amizade e os detalles os

365 días do ano.

 

Deja tu respuesta