O grupo de teatro de Apem Carballo comeza a xira na Costa da Morte

Por: | Etiquetas:: , , , | Comentarios: 0 | octubre 17th, 2016

En APEM Carballo, comezamos cos ensaios do noso grupo de teatro, xa que temos compromisos próximos para representar a nosa peza teatral “Unha de Vaqueiros , non á mina”. Unha  obra ambientada na época do salvaxe oeste, narrada en ton cómico conta a historia  dun  avaro millonario que  trata de enganar a todo un pobo coa creación dunha mina de ouro.

Estamos todos moi animados e motivados e  imos adiantandovos  as datas de representación:

O día 6 de Novembro na “X Mostra de Outono de teatro” en Laxe  às 19:00horas.

O día 25 de Novembro  no concello de Malpica, pendente de confirma hora.

Ainda que temos moitos fios soltos e quédanos temas por pechar, intentaremos dar chegado as datas establecidas con todo ben arranxado.

Estades todos invitados, esperámosvos.

 

Carballo