O invitado sorpresa

Por: | Etiquetas:: , , | Comentarios: 0 | noviembre 17th, 2016

O pasado xoves 10 de novembro tivemos a honra de compartir unha agradable mañá cun personaxe moi importante da nosa zona. Recibimos ós nosos compañeiros de APEM Coruña e entre todos fixémoslle unha entrevista super interesante que poderedes ler na quinta edición da nosa revista Vimbios.

Intrigados eh? Pois aí vos van unhas cantas pistas, a ver se logrades adiviñar de quen se trata:

 

Chega a disparar ata 1500 veces nun só día…

É natural de Carballo pero vive en Cee desde fai anos…

Ten un fillo…

É o gran mestre das lembranzas…

É un gran loitador… e gañador!

Viaxeiro incansable…

Case dous metros de artista…

Na tormenta acha a inspiración…

O seu nome está moi relacionado coa súa profesión…

 

CA NON vos enterades NI KON esas? REFLEXionade! Veña que CASI O tedes!!! Poñédevos as gAGFAs e lede todo outra vez.

LEICA logo.

20161110_112824

Deja tu respuesta