O MELLOR REGALO

Por: | Etiquetas:: , , | Comentarios: 0 | enero 13th, 2016

Roupa, electrónica, música, perfumes, xoias…  Como se nota que en APEM Cee – Vimianzo fomos boísimos durante o 2015 que viñeron os reis cargadiños, cargadiños!

Se os nosos rapaces e as nosas rapazas continúan nesta liña portándose aínda mellor durante o 2016, e a cantidade de presentes aumenta de xeito directamente proporcional o ano que ven, Baltasar, Melchor e Gaspar van necesitar un remolque… E vai ser un lío porque a ver onde o enganchan! J

Durante unha xornada chea de ledicia os/as nosos/as queridos/as  usuarios/as desenvolveron con entusiasmo os agasallos deste máxico día; e nós, traballadoras e traballadores de APEM Cee – Vimianzo recibimos o que de seguro foi o mellor regalo de todos: gozar coa ilusión da nosa xente.

Queremos agradecer a toda a xente que colaborou con nos comprando as rifas para que isto fose posible, así como tamén a Froiz Cee por colaborar con nos na cesta que se sorteou.

IMG-20160111-WA0001 IMG-20160111-WA0000

Deja tu respuesta