«O Principiño»

Por: | Etiquetas:: , | Comentarios: 0 | julio 17th, 2017

En Carballo, cada semán, tamén desfrutamos coa axuda da voluntaria e Educadora Social Alba, da lectura. Contamos con un taller de lectura permanente, e xa  temos debullado varios libros;  esta temporada estamos coa lectura e comentario de O Principiño, libro ben coñecido por casi todos pero non tan leído como se debería; é de unha metáfora continua. A sua linguaxe é moi fácil de entender, e non pasa de moda, e inda que é de fácil lectura , non é así a sua comprensión, xa que hai moito escondido nas suas liñas. As mensaxes que contén fan que o libro non sexa infantil. Ensina a mirar a vida con outros ollos e a profundizar no interior das persoas e da natureza.

Axudanos, entre outras cousas, a traballar a autoestima, xa que nos ensina  que cada vez que nos sentimos mal con nos mesmos, debemos buscar no profundo do noso ser, para ver todos os defectos e cualidades, xa que somos persoas únicas.

 

Carballo

Deja tu respuesta