O uso de audiovisuais mellora a eficacia das actividades

Por: | Etiquetas:: , , | Comentarios: 0 | noviembre 14th, 2016

Din os estudos recientes que a linguaxe audiovisual ten diferentes vantaxes: favorece a observación da realidade, a comprensión e análise da mensaxe sendo este tipo de materiais  elementos motivadores e atractivos. Os elementos audiovisuais axudan a complementar a linguaxe oral e escrita e permiten o desenvolvemento de habilidades como a comprensión auditiva e lectora, a expresión, etc…que favorecen ó mesmo tempo o sentido crítico.

Segundo isto, os materiais audiovisuais melloran a eficacia das actividades, permitindo atender ás necesidades específicas e facilitan a aprendizaxe da escritura audiovisual, é dicir, as persoas aprenden tamén a comunicarse mediante medios audiovisuais.

Por outro lado, o uso de audiovisuais potencian as habilidades mediáticas e a creatividade e introduce nos participantes criterios de valoración estéticos e creativos, pois non debemos olvidar que son medios de expresión artística tamén (Perspectivas 2015: El uso del audiovisual en las aulas. La situación en España).

No CRPL de Betanzos, levamos anos traballando con materiais audiovisuais, sabedores de que obtemos bos resultados. Desta maneira, actividades como actualización de coñecementos, memoria, psicoeducación e habilidades sociais trabállanse tamén a través do visionado de diferentes materiais e o posterior debate e posta en común. A tódalas vantaxes mencionadas anteriormente, sumamos a do entretemento con calidade, que tamén é moi importante, un tempo libre ocupado con calidade, coa lectura dun libro, a realización de deporte ou o visionado dun bon material, mellora ó fin, o día a día das persoas e a súa saúde mental e física.

Para mostra deixamos o enlace ó documental de actualidade que visionamos o venres pasado para logo verter as impresións no noso blog máis adiante.

http://www.rtve.es/alacarta/videos/documaster/documaster-asi-se-hizo-trump/3787558/

 

Betanzos 1 Betanzos 2