Observación ornitolóxica e visita ó Pazo de Mariñán

Por: | Etiquetas:: , , | Comentarios: 0 | agosto 24th, 2015

Seguindo coa actividade destes días, desde o centro de BETANZOS, acudimos a Mariñán a observar aves nas marismas do Mandeo.  Silencio, paciencia, curiosidade e prismáticos son as catro cousas que se precisan para esta actividade, e un bó guía coma o noso, o voluntario Javier Marcote. Algunha ave que outra se deixou ver.

O observatorio ornitolóxico sitúase nos exteriores do Pazo de Mariñán e non puidemos resistirnos a realizar a visita guiada polo seu interior, cheo de obras de arte e moitas historias e anécdotas.

Betanzos 1

Do interior destacamos a gran lareira, de tamaño impresionante, xa se intúe dende o exterior vendo a chimenea coa que conta o edificio, o gran comedor (antiguamente dormitorio dos orfos) e a capilla. Posto que non existen fotografías dos interiores do pazo en ningures, recomendamos a visita guiada e logo un paseo polos xardíns de estilo francés, onde hai especies traídas de diferentes partes do mundo como os eucaliptos nados das primeiras sementes traídas a Europa desde Australia.

Betanzos 2

 

Así que xa sabedes:

                “Casa grande con capilla, palomar y ciprés, pazo es” (refrán)

Deja tu respuesta