Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

Como persoas sensibilizadas co resto das problemáticas sociais que nos rodean, APEM Betanzos decidimos participar na I Andaina a favor do Cancro Infantil, organizada por Eumenatura e  Parchís centro de ocio infantil. O Proxecto Quimions iniciouse como unha iniciativa que xurdiu para facer máis levadeira a “andaina” dos nenos e nenas que recibían tratamento oncolóxico. Comezou coa idea de cubrir as bolsas que conteñen o tratamento con fundas de superheroes e contos infantís e logo converteuse xa nunha asociación cunha sede física que acollerá actividades para persoas que padecen cáncer e proporcionarálles asistencia psicolóxica entre outras. A recaudación da actividade adicarase a esta nova etapa da asociación e os gastos que supón.

Noraboa pola iniciativa e sorte nesta nova etapa que emprende, a xa asociación, Proxecto Quimions.

IMG-20160627-WA0001

VOLVER