Participamos no Proxecto GAVEA

Por: | Etiquetas:: , , | Comentarios: 0 | julio 18th, 2016

Esta semana os CRPL de Cee e Vimianzo puidemos ser partícipes do Proxecto Gavea (Galicia Vela Adaptada) que organiza a Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade de A Coruña (Cogami), pasamos un día incrible navegando pola ría de Camariñas e disfrutando das maravillosas vistas da zona. Aproveitamos tamén o día para visitar o cabo Vilán e xantar na praia de Ariño.

Foi unha experiencia moi positiva para practicar o deporte da vela e pasar un día todos xuntos. Agradecemos  que contaran connosco para este proxecto e esperamos poder repetir para o ano.

 

PicsArt_07-18-12.45.26