Partido cos veteranos do depor

Por: | Etiquetas:: , , | Comentarios: 0 | octubre 19th, 2015

Este martes pasado disputóuse un torneo de futbol sala para celebrar a semana da saúde mental organizado polo Consorcio de as Mariñas e coa participación  dos equipos de futbol sala de Apem Cambre e Coruña, Asociación A Mariña de Lugo e un equipo de xogadores membros das brigadas de formación do Consorcio. Todos eles foron reforzados con xogadores veteranos do Depor como Songo, Fran, Donato ou Maikel.

Estas “Vellas Glorias” amosaron estar nunha forma impecable e derrocharon compromiso durante toda a xornada que finalizou como tódolos anos con un sabor de boca excepcional entre tódolos asistentes e participantes.

Cambre