Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

Xa queda menos para o Samaín e nos xa empezamos cos preparativos do que será a nosa gran festa!

Puxémonos mans á obra para preparar unha decoración terrorífica, buscar receitas de medo e música apropiada para este día que afrontamos con gran paixón, porque xa tiñamos gañas dunha festiña!

Queda pendente os disfraces, de libre elección para cada un, co valor engadido de que haberá un premio para o mellor disfraz! Así que a “rebanarse os sesos” (nunca mellor dito) en busca da mellor carectización!

Adxuntamos unha foto da festa do ano pasado, xa que non queremos desvelar nada!

 

Culleredo

VOLVER