PREPARATIVOS PARA O DÍA MUNDIAL DA SÁUDE MENTAL

Por: | Etiquetas:: | Comentarios: 0 | septiembre 6th, 2016

Un ano máis achégase o día 10 de outubro, Día Mundial da Saúde Mental. En Betanzos este ano apostamos por unha actividade de sensibilización e visibilización social da importancia da Saúde Mental. Nesta ocasión contamos coa colaboración de Clara e Mónica, organizadoras das andainas solidarias betanceiras “Hoxe camiñamos por….”.

Esta nova andaina será a terceira que organizan e o obxectivo que buscamos con esta colaboración é involucrar a toda a comunidade para conseguir visibilizar a importancia dunha boa saúde mental a través dunha actividade integradora e aberta a tódalas persoas.

Ese día, contaremos no punto de saída cun posto informativo onde poder coñecer máis de cerca todo o relacionado coa importancia da Saúde Mental, a labor da nosa asociación APEM, e o papel da sociedade na mellora da calidade de vida das persoas con problemas de saúde mental.

Na andaina que se celebrará o domingo 9 de outubro, colaboran diferentes entidades públicas e privadas, tanto no avituallamento, na organización, nos servicios de emerxencia, na publicidade do evento e noutros aspectos. A implicación comunitaria está a ser moi boa.

Nuns días comezaremos a publicar os detalles da actividade para que vos podades inscribir. Reservade a data, contamos con vós!!!!!

betan