PRESENTACIÓN DA NOVELA A ANTESALA LUMINOSA

Por: | Etiquetas:: , , | Comentarios: 0 | junio 1st, 2015

Na tarde do 28 de Maio tivo lugar na sede de APEM a presentación da novela «A ANTESALA LUMINOSA» de Antonio Tizón. Contamos coa presenza do doutor D. Jesús Cubillo Sánchez e do propio autor.

Na súa alocución o Dr Cubillo resaltou, entre outras cuestións, a claridade coa que se describen as situacións de incerteza e confusión dunha persoa que sofre un trastorno bipolar e, fundamentalmente, como afecta á vida do paciente e da súa familia e, todo iso, dun xeito entretido. Concluíu dicindo que paga a pena lela.

Pola súa banda Antonio Tizón, o autor, cóntanos que non falamos dun libro de autoaxuda, é unha novela que se pode encadrar dentro do xénero negro, aínda que a él lle gusta máis dicir que é «mulata», con moitas tinguiduras autobiográficas.

“A ANTESALA LUMINOSA” é a primeira dunha serie de novelas protagonizadas polo inspector Xosé Sánchez Pereiro. A trama xira en torno á investigación da identidade de dous cadáveres calcinados que aparecen nas inmediacións da praia coruñesa do Matadoiro en plena madrugada de San Xoán do ano 2000.

No acto acompañáronnos varios membros da ASOCIACIÓN AMIGOS DO ACORDEÓN DA CORUÑA, que nos deleitaron cunha mostra do seu repertorio que inclúe mazurcas, habaneiras, pasodobres, etc.

Dende APEM queremos dar as grazas a todos os participantes neste acto e tamén a todos os asistentes. En verdade  foi unha tarde moi agradable.

IMG-20150528-WA0002  IMG-20150528-WA0020  IMG-20150528-WA0021

Deja tu respuesta