Esta semán estamos a dar os primeiros pasos para ponernos man a obra e iniciar as labores de horticultura e xardineria do terreo da parte oriental do Centro Apem de Carballo da Avda. Cristina.
Este proxeto estuvo un tempo na sombra planificándose xa que esperamos que sexa de largo percorrido.
Iniciamos a andaina con varias formacions teóricas impartidas polo amigo e colaborador Marco (Oso) tanto sobre horto como sobre compostaxe , xa que a colaboración ven de vello, tamen tuvemos alguna que outra formación como a de este último sábado sobre vermicompostaxe impartida por técnicos do Concello e Sogama, acudimos persoal e foinos entregado o material para poñer a criar miñocas para obter humus. Unha vez montado continuamos con medicións do terreno para levantar os bancales e proceder o seu recheo, e a distribución das distintas variedades de plantas, flores e árboles frutales, que en principio temos pensado que vaian en el, ainda que todo está suxeto a cambio. Trataremos de facer un horto sinérxico entre todos.
A nosa pregunta é ¿Cómo pode un horto ecolóxico axudar a mellorar a saúde dos nosos usuarios? Partimos de premisas amplias como integrarnos mais co medio rural e concienciar sobre a importancia de hábitos de consumo saudables, pero sobre todo, pensamos que as tareas repetitivas, necesarias para este traballo, unido o esforzó fÃsico, a necesidade de traballar en equipo, potencia capacidades cognitivas,a socialización e relación co medio, e todo elo sobre todo traballar sobre un trozo de terreno totalmente yermo e ver como co paso do tempo os resultados son visibles, pode resultar bastante gratificante, e seguramente algún dos nosos horticultores adquiran as suficientes destrezas como para rematará con tempo en algún proxeto de integración laboral.