Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

APEM Betanzos firma convenio co CPR Plurilingüe “Nuestra Señora del Carmen” (ATOCHA), de Betanzos para que alumnado deste centro desenvolva en APEM o programa “Deseñando o teu futuro”. Neste programa, convocado pola Consellería de Traballo e Benestar, unha alumna do centro educativo, acudirá ó CRPL de Betanzos para coñecer en primeira persoa en qué consiste o traballo dos profesionais que aquí traballan, neste caso, en concreto, da psicóloga. Durante unha semana, participará nas actividades diarias do centro como observadora, e así acadará maior coñecemento acerca desta profesión e averiguará se será a profesión escollida para o seu futuro.

Betanzos-programa

VOLVER