PROGRAMA OPERATIVO DE EMPREGO XUVENIL 2018

Por: | Etiquetas:: , , , | Comentarios: 0 | noviembre 27th, 2018

Con data 22/08/2018 ditouse pola Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria resolución pola que se outorga unha subvención á entidade ASOCIACIÓN PRO ENFERMOS MENTALES DE A CORUÑA “APEM” pola contratación de 2 mozas desempregadas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil para a realización do programa “ Coidados de persoas con enfermidade mental severa en risco de deterioración” do Centro de Día de Carballo.

A axuda está cofinanciada nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, dirixido a mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas mozas.

Grazas a este programa, APEM conta desde o 19 de setembro de 2018 e por un período de sete meses, cunha educadora social e unha técnica en integración social que traballarán a xornada completa no Centro de Día,  desenvolvendo programas e actividades dirixidas á mellora da calidade de vida, potenciando a permanencia e integración na comunidade do xeito mais normalizado posible, traballando tódalas áreas necesarias para mellorar as súas necesidades, e garantindo a continuidade dos  coidados das persoas con enfermidade mental en situación de dependencia.

logos2

 

 

 

 

 

Deja tu respuesta