PROGRAMA OPERATIVO DE EMPREGO XUVENIL 2019

Por: | Etiquetas:: , | Comentarios: 0 | noviembre 19th, 2019

O programa operativo de emprego xuvenil, que conta co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria e a confinanciación da Unión Europea, ten por obxecto o fomento do emprego a través da contratación de persoas menores de 30 anos, coa finalidade de proporcionarlles  unha experiencia e prática profesional que facilite a súa inserción laboral.

 

Esta convocatoria de subvencións  conta co programa de cooperación con entidades sen ánimo de lucro, dirixido a mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de garantía xuvenil.  Grazas a este programa, a Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña “APEM” conta cunha educadora social e unha técnica en integración social que traballarán no Centro de Día de Carballo.

 

As novas compañeiras desenvolverán tarefas e actividades no marco do Programa “Apio no fomento da capacitación de persoas con problemas de saúde mental”, co fin de mellorar o seu desenvolvemento persoal e social, a súa autonomía e integración na contorna comunitaria.

 

Esta axuda está cofinanciada nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, Eixo prioritario 5, Prioridade de investimento 8.2., Obxectivo específico 8.2.4, Medida 8.2.4.2.

 

 

logo 1logo2logo 3

 

Deja tu respuesta