Que pasa na Costa!!!

Por: | Etiquetas:: , | Comentarios: 0 | mayo 30th, 2016

Como cada último mércores  de mes os asistentes ó CRPL de Vimianzo e Cee acudimos  a cita con todos os nosos oíntesa da Emisora de Radio Nordés-Cadena Ser.  Nesta ocasión o motivo foi para entrevistar a Ubaldo Cerqueiro, coordinador do Xornal Dixital “Que pasa na costa”. Posto que Fran Martín, usuario da Unidade Residencial de APEM Cee, ten unha sección dentro dese medio de información chamada “Tesouros de Papel”, onde deixa voar a súa imaxinación e creatividade para mostrarnos cada semana un anaco da súa gran obra.

Ubaldo Cerqueiro  explicounos como é un día de traballo como coordinador dun Xornal Dixital, cómo ten acceso á información e tamén  a importancia da rigorosidade e a veracidade das novas.

Por último, animounos a todos e a todas a colaborar e participar no seu gran proxecto.

modificada IMG_2100 IMG_2102