Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

A preservación do medio ambiente e o aforro e uso racional dos recursos son responsabilidades que nos atañen a tódolos cidadáns. Por iso, desde o CRPL de Betanzos fixemos unhas xornadas sobre a reciclaxe, tarefa na que se pode sacar proveito nas diferentes facetas da vida diaria.

A través de diversos exercicios levamos a cabo unha acción informativa-formativa en pro da concienciación da importancia social, económica e ambiental da reciclaxe dende unha perspectiva creativa. Alén do tradicional uso da reciclaxe coa división de materiais según os contedores de lixo, entre todos colaboramos con ideas sobre as diferentes posibilidades  dos obxetos e materiais en desuso e refugados considerados como residuos, os que aplicándolle unhas dosis de creatividade pódeselles dar novos usos e múltiples vidas.

 

Betanzos

VOLVER