Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

Recordades que en setembro vos contamos que tivemos unha grabación para a Television de Galicia con Touriñan e Pereiro??Pois este xoves estivemos convidados a asistir á gala que facían no Ézaro! Nela fixeron monólogos a par que ían presentando os vídeos grabados pola zona. O certo é que son unha magnífica parella artística e pasounos o tempo voando entre risas e aplausos! Pode que igual cheguen a emitir esta gala, e entón ese día teremos que superar a vergoña e presumir de que contaran con nós para tal grabación.

Con esta noite tan especial que vivimos temos as pilas mais que cargadas e imos dar os ultimos retoques para a festa do nadal!!

IMG-20151221-WA0002 IMG-20151221-WA0003

VOLVER