Resiliencia. Descubrindo as propias fortalezas.

Por: | Etiquetas:: , , | Comentarios: 0 | noviembre 28th, 2016

Esta pasada semán  puxemos en práctica un Taller de Resiliencia.¿ Pero en que consiste esta palabra tan rara?…..a grandes rasgos….e a capacidade do ser human para facer frente as adversidades da vida, superalas, e ser transformado positivamente por elas.

Para chegar a esta conclusión estudiaronse os factores de risco que aparecen cando os procesos de forma de vida,, de traballo, de relacions políticas ou  culturais  se caracterizan por unha profunda discriminación social.  A pobreza, a vida chea de estresores, sobrecargas físicas, exposición a perigos, poderiamos consideralos tamen “ procesos destructivos” e que caracterizan determinado xeito de funcionamento social.

Para sair de estas situacións de adversidade, superalas,e sair delas fortalecido e transformado, as persoas toman factores de resiliencia que se visualizan nas seguintes expresións:

-“Eu teño” no meu entorno social.

-“Eu son” e “Eu estou” que nos falan das fortalezas e condicions personais.

-“Eu podo”  que ten que ver coas nosas habilidades.

A partir de estas afirmacións tratase de buscar factores que resulten protectores.

Pois sobre esto e moito mais empezamos a traballar esta semán, con gran atención por parte dos usuarios. Con exemplos nos que se vian retratados, e sendo que obtiveron da aprendizaxe  ferramentas para sacar algo positivo para o futuro de situacions adversas para eles e as suas familias.

 

Carballo

 

Deja tu respuesta