Seman de autocoidados e hábitos de vida saudables

Por: | Etiquetas:: , , , | Comentarios: 0 | febrero 6th, 2017

Esta seman en Carballo imos a adicarnos a saúde por dentro e por fora, empezamos o luns aproveitando que temos unha alumna en prácticas, Alba, estudante de Educación Social, e especialista en Coidados Corporais e Maquillaxe Profesional; adicouse a poñer guap@s os nosos usuarios, con un taller específico de Autocoidados  onde lles ensinou a limpar o cutis, facer pilings, hidratar a pel e por último maquillarse quen así o desexou.

Hoxe existen gran cantidade de alternativas que están o noso alcance e que poden ser usados co obxeto de mellorar a aparencia física. Cando falamos de estética falamos de coidado dos dentes, a pel, o modo de vestir e os detalles. Non importa o sexo, a idade ou o rol que se desempeñe, o coidado da apariencia física sempre xogará un papel importante na autoimaxe e na autoestima.

Por outra banda o mercores contamos coa presencia da Nutricionista Esther Cotelo que nos estuvo falando durante a mañan de pautas de alimentación para  unha boa saude interior e hábitos de vida saudables, que a todos nos veñen ben.

Moitas grazas Alba e Esther.

¡¡¡ Saúde e beleza por dentro e por fora para tod@s!!!

 

Carballo 1 Carballo 2