Semán de muller 2016 en Carballo

Por: | Etiquetas:: , , , | Comentarios: 0 | marzo 14th, 2016

Podemos comenzar  afirmando sen medo a equivocarnos que as mulleres foron as grandes esquecidas  e discriminidas ó longo da Historia nos eidos da Ciencia, Cultura, Arte etc., tanto  que moitas das veces nin se nomearon. Se por riba da súa condición de muller levaban unha “etiqueta” porque estaban afectadas por unha enfermidade que lles causaba algunha eiva ou diferenza coa poboación “normal” volvíanse ainda máis invisibles, e como non, se era no campo da Saúde Mental. Por iso con ocasión da Semán adicada a Muller e como persoas que traballamos neste ámbito sabemos da discriminación das mulleres con enfermidade mental e as súas dificultades para enfrentarse no día a día, compre destacar os problemas derivados da propia enfermidade, o prexuicio social, as dificultades no ámbito laboral así como no exercicio da maternidade  e/ou  en ocasións sofrer violencia doméstica.

Por iso é importante que desde tódolos organismos e entidades que traballen tanto desde a discapacidade como doutros colectivos loitar cara unha igualdade en todos os aspectos da vida, tanto sexan mulleres ou homes, e educar para que ninguén teña unha visión inferior da muller, esforzándonos para procurar entre outras melloras que acaden unha participación cada vez máis activa na comunidade.

Así o fixemos esta semán en Carballo  na que fomos invitad@s por o CIM (Centro de Información a Muller) do Concello a  varias actividades nas que os nosos usuarios van participar tanto homes como mulleres, entre elas nunha Charla –Coloquio sobre Ciberacoso impartido por membros da Garda Civil, con almorzó incluido, e a un Taller de Danza Movemento Terapia, un espacio libre onde dialogar  entre mulleres e movemento, para axudarnos a facernos mais conscientes de quen somos e como somos, e por último e por motivos de axenda quedamos en espera de disfrutar todos e todas de un Musical o día 17  da semán  próxima  baixo o título “ Tacóns na Corda”, tamén conmemorativo da Semán da Muller.

 

Carballo 1 Carballo 2