Semana de celebracións

Por: | Etiquetas:: , , , | Comentarios: 0 | noviembre 17th, 2014

Esta semana estamos de celebracións en Apem Cee-Vimianzo!! Por un lado démoslle a benvida a dúas novas profesionais que se incorporaron ó equipo de traballo, Nerea González como psicóloga e Noelia Quintáns que será a nosa traballadora social. Sen dúbida, a calidade dos nosos centros verase reforzada e os nosos usuarios terán a súa disposición novos servizos e programas que potenciarán o seu benestar.

Por outra banda, dende Vimianzo esta semana estivemos de aniversario. Fai dous anos que comezamos este proxecto cargados de ilusión e ganas e,hoxe en día, xa podemos presumir de que somos unha pequena familia ben levada! Como toda festa galega que se precie o aliado básico foi a comida! Unhas boas pizzas, refrescos, biscoitos e por suposto o café no bar de sempre! Para amenizar a festa, radio de fondo e chistes varios que fixeron que fose unha xornada entrañable tanto para usuarios como para profesionais.

1     2   3

 

Deja tu respuesta