Sensibilizando a través da literatura

Por: | Etiquetas:: , , | Comentarios: 0 | mayo 23rd, 2016

O pasado xoves día 19 presentouse en Betanzos a novela A antesala luminosa de Antonio Tizón, en Biblos Club de Lectores. Na presentación participaron Angeles Bao, presidenta de ASBIGA e Nuria Rivera, educadora social de APEM Betanzos. A través da presentación da novela tratáronse temas como o estigma social, o empoderamento das persoas con problemas de saúde mental, os movementos antipsiquiátricos,  etc…

Con estes actos lógrase sensibilizar á sociedade en temas relacionados coa saúde mental, coas intervención das dúas profesionais e coa de Antonio Tizón que, como persoa con un diagnóstico de bipolaridade, mostrou o seu punto de vista.

Antonio Tizón, rematou a presentación coa lectura dun poema propio en homenaxe a Manuel María co gallo das letras galegas e coa lectura dun poema titulado como a mesma novela.

 

Betanzos

 

Máis información: https://www.facebook.com/media/set/?set=a.886481604830438.1073741987.618818258263442&type=3

Deja tu respuesta