Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

En Cee tivemos a pasada semana a visita de Marcos Rodríguez, fotógrafo carballés afincado en Cee que está entre os catro fotógrafos que aspiran a gañar a World Photographic Cup (WPC). Tamén recibiu este mes o Premio Nordés da Audiencia 2014 na recén inaugurada Casa da Cultura de Cee, e en APEM tivemos a gran sorte de poder contar con el para realizar unha serie de fotografías coas que completar a páxina web e publicar a memoria 2014 da actividade da nosa entidade. Comezou a realizar este book fotográfico no CRPL de Cee e acudirá aos CRPL de Vimianzo, CRPL de Carballo, CRPL de Os Chopos e A Sagrada Familia en A Coruña, o CRPL de Betanzos eo CRPL de Cambre.

Pasamos unha tarde moi entretida con Marcos sacando fotos en cada esquina: na piscina, dando un paseo, nos talleres, facendo unha reunión… Aproveitamos cada minuto da súa presencia!  E a pesar de estar toda a tarde con nós, ao día seguinte xa nos fixo chegar o resultado de tanto traballo e decidimos velas todos xuntos!

Aquí vos deixamos algún adianto.

Cee y Vimianzo

VOLVER