Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

O pasado sábado 14, a organización xuvenil do Concello de Cambre organizou un gran magosto popular para uso e disfrute de tódolos veciños da parroquia situado debaixo dos pontes da autopista con castañas asadas de balde para todo aquel que se acercara ata alí e con diferentes actividades e actuacións para todos os públicos, como xogos populares para nenos (e non tan nenos…), actuacións en vivo e xa pola noite actuacións de distintos grupos de rock como “Hormigón”, “Malasombra” e “Huella”.

Ademais tamén había diferentes postos de artesanía,que vendían os seus produtos feitos a man, nós estábamos entre eles, amosando as cousas tan bonitos que os chicos fan nos talleres e  informando de quen somos e onde estamos, para que a xente do concello nos teña máis presente.

 

IMG_20151114_171248

 

 

VOLVER