Saída á Aula de Natureza de Chelo
Por fin chegou a hora de visitar Chelo. Ruta de senderismo nun entorno incomparable e cunha compañía aínda mellor. Fomentar o respeto pola natureza e a actividade física nestes paraxes é doadísimo!!
Saídas e actividades do verán, planificando!!
En Betanzos decidimos argallar actividades ó aire libre, agora que ven o bó tempo. O venres pasado relizamos a ruta polo Río Pelamios, e este venres unha actividade no maravilloso Parque do Pasatempo. A actividade no parque, organizada polo voluntariado, consistía en seguir unha serie de pistas e sinais dun mapa para ir recopilando letras….Ó […]
ENTREGA DE DIPLOMAS DO CURSO DE NATACIÓN
A actividade física é un dos pilares fundamentais para conseguir un bo nivel de saúde física e mental. Por iso en Betanzos insistimos tanto en animar ós rapaces e rapazas para que tódolos anos participen no curso de natación. Moitísimas grazas a todos e todas polo voso esforzo e felicidades pola finalización do curso 2014/2015. […]
Noticias dende Betanzos
CONVIVENCIA EN HÍO Dende o luns ata o xoves, rapaces e rapazas do CRPL BETANZOS disfrutaron dunha estancia de convivencia en Hío, Cangas, na casa que FEAFES pon a disposición das asociacións. Como o bó tempo acompañou disfrutaron de actividades ó aire libre. E ó final, ainda que costou, acordáronse de voltar a Betanzos!!!!! […]
Reunión co voluntariado Apem-Betanzos
Este xoves reunímonos en APEM BETANZOS para programar actividades para estes meses de verán: saídas, varias rutas de sendeirismo, taller literario, etc… Damos protagonismo ás actividades de aire libre, xa que nesta época sobre todo, hai que aproveitar o bó tempo. Se queredes participar como voluntariado nas actividades non dudedes en poñervos en contacto con […]
MULLERES NUNCA MÁIS ANÓNIMAS
No CRPL BETANZOS recomendamos o visionado da película Big eyes, de Tim Burton, que conta a historia de Margaret Keane, pintora de cadros onde representaba a nenos de ollos grandes, nos anos 50 e 60. Estes cadros tiveron moito éxito, a autora era Margaret pero firmábaos Walter Keane, o seu marido, porque ó parecer él […]
CONVENIO CO CONCELLO DE BETANZOS
O 7 de maio tivo lugar en Betanzos, no Salón Azul do concello a firma da renovación do convenio da Asociación Pro-Enfermos Mentales (APEM) co Concello de Betanzos. En dito acto, estaba o excelentísimo Alcalde de Betanzos, a presidenta de APEM e os presidentes do resto das asociación.
MOTIVACIÓN PARA AVANZAR
Esta semana en Betanzos andivemos a voltas coa idea de que non hai que acomodarse na vida e seguir avanzando, aprendendo, facendo cousas novas, coñecendo xente, aínda que esteñamos contentos e felices co que temos. En relación con isto, analizamos o contido deste vídeo que explica dunha forma moi atractiva o concepto de zona de […]
APEM ACUDE Á XUNTANZA PROVINCIAL DE VOLUNTARIADO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA
A representante da Área de voluntariado de APEM acudíu onte á Xuntanza Provincial de voluntariado organizada pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Nesta xuntanza, presentouse o anteproxecto de decreto polo que se consitúe o Observatorio Galego de Acción Voluntaria e a orde de axudas do Programa de Voluntariado Xuvenil 2015. Por outro lado, realizouse […]
PARTICIPACIÓN NO IV CURSO DE FORMACIÓN VOLUNTARIADO EN SAÚDE MENTAL
Este venres 17 de abril comezou en Santiago o IV CURSO DE FORMACIÓN: VOLUNTARIADO EN SAÚDE MENTAL, organizado pola Asociación Itínera xunto coa USC e contando coa colaboración de entidades do eido. Este ano, APEM participará o día 24 de abril coa ponencia “Abrindo a cadea”, na que presentará o traballo realizado no eido da EM e as […]