30Oct, 2017

Unindo pezas

Por: | Etiquetas:: ,

No CRPL de Betanzos xa levamos un ano contando coa colaboración da voluntaria Ángeles Bao, á fronte do taller de puzzleterapia. Dende entón son varias as creacións finalizadas e moitas máis as conversas e risas arredor delas. Paisaxes, collages, cidades europeas, etc… forman parte xa da nosa galería de puzzles. Esta semana comezamos un novo, desta volta escollemos unha reproducción do cadro “Lighthouse 1”, da pintora Karla Gerard, artista da Cidade de Waterville do Estado de Maine, USA. Esta artista caracterízase  por utilizar un colorido extravagante e chamativo nas súas […]
Sigue Leyendo

16Oct, 2017

O taller de autonomía en ocio de Betanzos

Por: | Etiquetas:: ,

O pasado mes de xaneiro comezamos a desenvolver o taller de autonomía no ocio no CRPL de Betanzos. Trátase dun taller no que se busca evitar hábitos de sedentarismo e de aburrimento, aprender a organizar o tempo libre dun xeito enriquecedor e potenciar a autonomía e a integración na sociedade. Para estas saídas búscase que os protagonistas sexan os participantes do centro. Son eles os que, a través dunhas nocións básicas dos profesionais, buscan toda a información relativa a esa saída: localización do lugar a visitar, prezos para realizar a […]
Sigue Leyendo

7Ago, 2017

Reciclaxe e reutilización

Por: | Etiquetas:: , ,

Nunha sociedade consumista como a nosa, hai que darlle cada vez máis valor ós productos elaborados de forma artesanal así como á reutilización de algúns productos dándolle un novo uso. En Betanzos pasamos pola reciclaxe de papel, as manualidades con corchos de botellas, cartón, e por último estamos neste momento cos tarros de cristal. Son tantos os tarros que nun fogar consumimos ó longo do ano, e que tiramos, podendo dárlles un novo uso ben sexa como almacenaxe ou como decoración. Dende portafotos e portavelas  a xarróns. Non é necesario […]
Sigue Leyendo

19Jun, 2017

A IMPORTANCIA DA COLABORACIÓN CON OUTRAS ENTIDADES

Por: | Etiquetas:: , ,

O traballo en rede entre as entidades dunha localidade, promove a solidariedade, a integración e o sentimento de pertenza a unha comunidade da que formamos parte dunha maneira activa, como cidadáns comprometidos na súa mellora. Como integrantes de APEM Betanzos, fomentamos a participación e colaboración con outras entidades en organización de eventos como por exemplo a colaboración co Club BTT Caimanes. Este tipo de actividades consitúen a oportunidade dunha integración social real e efectiva das persoas con problemas de saúde mental como axentes sociais de cambio. Ó mesmo tempo, nestas […]
Sigue Leyendo

14Jun, 2017

FINALIZACIÓN DO CURSO 2016-2017 DE NATACIÓN E COMEZO DE COLABORACIÓN CON OUTRAS ENTIDADES

Por: | Etiquetas::

Chegados a esta altura do ano, remata o curso de natación 2016-2017 en APEM Betanzos. Esta actividade deportiva tan beneficiosa para a saúde tanto mental como física será sustituída por unha colaboración co Club BTT Caimanes, cos que xa colaborou APEM o pasado ano. De novo, traballaremos con eles man a man, para acondicionar a tempo o circuito e que podan realizar o Mini BTT Concello de Betanzos un ano máis. Agradecerlles que sigan contando coa nosa participación e así poder aportar esforzo na mellora da nosa comunidade.
Sigue Leyendo

29May, 2017

Estancias vacacionais en Sanxenxo (PROGRAMA DE OCIO FEAFES)

Por: | Etiquetas:: , , ,

Como tódolos anos, a nosa asociación disfrutou de varias estancias vacacionais en Sanxenxo, dentro do Programa de Ocio da Federación Sáude Mental FEAFES Galicia. Nestas estancias desfrutamos de varios días de descanso en Sanxenxo, tempo que se adica a compartir experiencias xuntos e para coñecer a propia vila e a súa contorna. A segunda fin de semana de maio foi a quenda de APEM Betanzos. A pesares do mal tempo, coñeceron Sanxenxo, Cambados e Pontevedra.  
Sigue Leyendo

15May, 2017

Fomento da lectura a través do clube Xururuca

Por: | Etiquetas:: ,

Como ben sabedes, en APEM Betanzos apostamos polo fomento da lectura a través do noso clube. Nas nosas reunións periódicas comentamos, valoramos e intercambiamos opinións sobre obras de diferentes temáticas e autores/as. Ata o de agora os títulos que limos foron: Mi planta de naranja lima de José Mauro de Vasconcelos El adversario de Emmanuel Carrère Un tranvía en SP de Unai Elorriaga Sabor a chocolate de José Carlos Carmona Prisioneros en el paraíso de Arto Paasilinna La noche en casa de José María Guelbenzu La maldición de Hill House […]
Sigue Leyendo

17Abr, 2017

Participamos no Programa de Ocio de FEAFES Galicia

Por: | Etiquetas:: , ,

Os días 4, 5 e 6 de abril, catro participantes de APEM Betanzos realizaron unha viaxe por Asturias dentro do Programa de Ocio de Feafes Galicia. Durante tres días visitaron diferentes localidades, museos e sitios de interese, compartindo con outras asociacións federadas esta experiencia. O próximo mes de maio, outras 7 persoas  de Betanzos disfrutarán dunha Estancia de Convivencia en Sanxenxo de tres días de duración, e xa para finais de setembro, poderemos participar tamén na realización do Camiño de Santiago, experiencia altamente recomendable cuns valores de convivencia, colaboración e […]
Sigue Leyendo

3Abr, 2017

Mirar conTACTO

Por: | Etiquetas:: ,

O próximo martes 28 de marzo, en APEM Betanzos realizaremos unha saída cultural co fin de coñecer o proxecto “mirar conTACTO”, presente no edificio Liceo de Betanzos entre o 23 de marzo e o 30 de abril. A Fundación María José Jove, en colaboración co Concello de Betanzos, pretende facilitar o coñecemento e o disfrute de varias obras artísticas a través do tacto e do oído. Para iso utilizaremos antifaces, contaremos con carteis en braille e estaremos acompañados/as por unha guía durante o percorrido.  
Sigue Leyendo