¿Mentalizamos?
Rematada a Campaña do Mentalízate en Betanzos, toca avaliar os resultados obtidos do proxecto de sensibilización. Este ano, ampliamos os centros educativos e acudimos ó IES Francisco Aguiar, ó CPR Nuestra Señora del Carmen (Atocha) ambos en Betanzos, e ó IES de Curtis. En total, 190 alumnos e alumnas participaron nas sesións realizadas nos centros […]
Betanzos con Bruselas
Tralos atentados en Bruselas, sumámonos ó minuto de silencio en solidariedade coas víctimas realizado na Praza da Constitución en Betanzos.
Continuamos co “MENTALÍZATE”
Esta semana estivemos no IES de Curtis e no CPR Nosa Señora do Carmen (Betanzos) co programa de sensiblización sobre saúde mental e prevención de conductas que afectan á mesma como por exemplo o consumo de tóxicos. O alumnado de ambos centros educativos amosaron interés na temática ademáis dunha participación activa que nos permitiu coñecer de primeira […]
Día entre amigxs
O xoves pasado asistimos á representación da obra de teatro da compañía de Blanca Marsillach, en APEM Los Chopos. Ademáis da representación, tivemos a oportunidade de participar “probando a ser actores” repetindo certas esceas da representación. A nosa compañeira Elvira fixo un traballo estupendo….tanto que estamos a argallar a ver se somos quén de xuntar […]
Exposición “10 ANOS DE ROXÍN ROXAL”. Edificio Liceo (Betanzos)
Unha semana máis aproveitamos os recursos culturais que nos ofrece o Concello de Betanzos coa exposición “10 ANOS CON ROXÍN ROXAL” que atoparemos no Edificio Liceo ata o 7 de marzo. A exposición consta dunha serie de fotografías seleccionadas coidadosamente sobre as múltiples saídas culturais levadas a cabo durante dez anos pola Asociación Cultural Libre […]
Rosalía tamén nas rúas
Seguindo cos actos conmemorativos de Rosalía de Castro, traballamos en Betanzos a temática co fin de subir a semana que vén as reflexións no noso blog. Para iso, ó longo do mes asistimos a diferentes exposicións e actos. Por outra banda, neste mes, Rosalía estivo presente en aulas, museos e bibliotecas…e en Betanzos, tamén os […]
Recursos culturais e de ocio: seguimos
Aproveitando as saídas semanais acercámonos a tomar un café e coñecer a obra de Juan Manso, no Café Lanzós (Betanzos) onde estará durante todo este mes de febreiro, A Exposición Fotográfica «Into the Mist» consta de 25 fotos seleccionadas dunha extensa serie co fío conductor de imaxes difusas de paisaxes na néboa, de días nubosos, […]
Conmemoración a Rosalia de Castro
Esta semana en homenaxe a Rosalia de Castro fumos ver unha exposición de Ilustracións adicadas as súas obras literarias no Liceo de Betanzos. Anteriormente, exploramos a biografía da autora para achegarnos con máis celosía as súas obras que remiten aspectos da súa vida personal e logo escollimos cada un unha ilustración xunto ao seu fragmento […]
Tradición e máscaras
Co gallo do entroido, en Betanzos estivemos recopilando información acerca dos orixes desta festa. Podedes consultar o noso traballo visitando o blog “Non só palabras”. Ó mesmo tempo, por unanimidade escollimos facer unhas máscaras de paxaros para a festa do luns de entroido.
«MENTALÍZATE» arranca en Betanzos
Esta semana, alumnado do IES FRANCISCO AGUIAR de Betanzos, participou no programa Mentalízate das mans das traballadoras de APEM Betanzos. Este é o segundo ano que se realiza o programa neste centro educativo, o ano pasado tivo unha gran repercusión no colectivo e éste a acollida foi moi boa.