Taller de Origami

Por: | Etiquetas:: , | Comentarios: 0 | enero 30th, 2017

En Carballo, coa axuda de Adelaida, puxemos en funcionamento  un novo taller de origami dentro das Actividades de Habilidades Sociais.

O origami, ou papiroflexia, e o arte de plegar papel, sin utilizar tixeiras nin pegamento, para realizar figuras tridimensionales. E un arte de orixe xaponés. A simple vista parece un arte difícil, soio fai falta un pouco de disciplina e seguir as suas normas. E importante a súa utilización terapéutica, tanto física como mental que se lle da a este arte milenario.Englobase dentro da chamada arte-terápia.

Físicamente desarrolla destrezas motoras e é aconsellable para problemas como artritis, artrosis ou reuma, e no aspecto da saude mental tranquiliza as persoas ansiosas ou baixo estrés. Axuda a manter o cerebro sán e activo, representando un desafio para a mente, xa que se vai logrando por medio de tareas con distinto grao de dificultade. Incentiva a memoria e a atención, actua como unha terapia de relaxación e autocontrol, desarrolla a paciencia e a imaxinación, e conleva unha gran satisfación cando se consigue facer a figuriña. En estas primeiras sesión no noso taller logramos facer unha grulla, unha ran e un avión.

 

Carballo