TEMPLE STOCK

Por: | Etiquetas:: , , | Comentarios: 0 | octubre 5th, 2015

Esta fin de semana estivemos presentes no Temple Stock, no polideportivo do Temple (Cambre) unha feira de oportunidades organizada pola Asociación de Empresarios de Cambre, na cal os negocios locais levan os produtos que teñen en stock rebaixados para darlle unha boa saída.

Nós, que  fomos convidados pola Asociación de Empresarios,  non quixemos perder esta oportunidade de dar a coñecer todos os nosos produtos feitos a man polos chicos nos talleres prelaborais do noso CRPL.

Os asistentes ao polideportivo ademais de botar unha ollada ás diferentes tendas que alí se encontraban puideron disfrutar dunha clase de zumba totalmente gratuíta, e, así mesmo, participar nun sorteo dun dos produtos doados por cada participante, que no noso caso foi unha figuriña de cartón pedra.

Dende aquí, agradecer á organización por pensar en nós, e convidarnos a formar parte desta iniciativa de forma gratuíta; tamén agradecer aos rapaces que ata alí se acercaron a botar unha man.

temple stock