Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

A semana pasada desde o servizo de Carballo impartiuse unha charla divulgativa sobre a enfermidade mental no Salón de Actos do Edificio de Usos Múltiples do Concello de Malpica de Bergantiños, a organización foi desde a Oficina Comarcal do Plan Galego de Inclusión Social. Acompañounos á charla unha das técnicos, Cristina Rodríguez, que se encargou de todo o traballo organizativo e de convocar ós asistentes. A psicólogo do CRPL encargouse de presentar os servizos de APEM ademáis de tratar de introducir ó público no mundo da enfermidade mental, informando sempre de cara a erradicar prexuizos e intentando traballar contra o estigma que aínda existe cara o noso colectivo. Agradecemos tamén a asistencia á charla da Traballadora Social do Concello de Malpica e da Técnico de Igualdade. Desde a Oficina do Plan de Inclusión estase a traballar para desenvolver máis xornadas de este tipo noutros concellos da comarca, e contan co persoal de APEM en Carballo para impartilas, en principio comenzaremos con Laxe e a seguinte se non hai atrancos realizarase en A Laracha.

 

Carballo

VOLVER