Un maio moi cargado…

Por: | Etiquetas:: , , , , | Comentarios: 0 | mayo 4th, 2015

En Apem Cambre estremamos un calendario de maio que ven cargadiño de plans e eventos de todo tipo.

Mañá recibiremos na casa ao equipo de fútbol de Porta Nova para disputar o partido de volta da liga de FEAFES, para o cal xa estamos adestrando e preparándonos;  e sen deixar o deporte de lado, esta fin de semana, algúns dos nosos chicos participarán nun roteiro  ao carón do río Mero, co obxectivo de adecuar e acondicionar o camiño e limpar o lixo que se acumula neste, e por suposto pasar un rato agradable; todo isto promovido por un grupo de voluntarias do concello de Cambre que farán, ademais,  a labor de guías.

Para mediados de mes estamos preparando o noso propio festival de Eurovisión, coincidindo co orixinal, representando algunhas das actuacións mais emblemáticas que o noso país levou a tal coñecido concurso.  E xa para rematar nos iremos de excursión á casa que FEAFES dispón para nós en Hío (Cangas) para a cal xa estamos elaborando un posible itinerario e ‘planing’ para facer unha vez alí. Esperemos que nos faga bo tempo e poder disfrutalo como se merece!

Cambre-Eurovisión