Un San Valentín moi doce!!

Por: | Etiquetas:: , | Comentarios: 0 | febrero 20th, 2017

Con motivo da celebración do día dos namorados, no taller de repostería quixemos facer un doce que representase  o amor; e por iso, se nos ocorreu facer uns corazóns de hoxaldre recheos de chocolate! A receita é moi sinxela, non leva moito tempo e son perfectos para acompañar cun café ben quentiño.

Se vos tamén queredes probar, non o dubidedes, porque están boísimas:

  • 2 láminas de masa de hoxaldre(ou outra masa que prefirades, masa quebrada, por exemplo).
  • 150g de chocolate con leite
  • Aceite de xirasol.

Preparación:

Esténdese ben a masa, incluso cun rodillo para expandila mais.

Cun corta galletas con forma de corazón imos facendo formas. As colocamos na bandexa de forno sobre un papel vexetal.

Nun cuenco metemos o chocolate cun chorriño de aceite de xirasol e o quentamos en tandadas de 15 segundos ata que quede derretido.

Metemos unha cullerada pequena por riba do corazón e por riba deste outro corazón. Cun tenedor unimos os bordes (coma se fose unha empanadilla).

As metemos no forno 30 min  175 grados. E listas!!!

 

Culleredo