“Unha doce tregua”

Por: | Etiquetas:: , | Comentarios: 0 | febrero 22nd, 2016

Chuvia, vento, frío… Benvid@s a Galicia, damas e cabaleiros!

Aquí en Cee xa houbo de quen dixo que a estación máis soleada era a de autobús… E é

cuberta!!

Con todo aconteceu esta semana unha fermosa escepción que rompeu a regra dos

temporais destes días: chegou a calma, e fíxoo nunha xornada primaveral que en Apem

agardábamos coma sol de maio (que o refraneiro nos permita a licencia).

Un paseo pola beiramar contemplando os orgullosos barquiños e as insumerxibles

chalanas mariñeiras, resplandecentes coa gloria de quen se enfronta e resiste os embates das

prodixiosas ondas do Atlántico; unha agradable conversa baixo o sol, falando de calquera

cousa agás do tempo; unha tregua de brisa fresca e ceo azul no que deixar voar a mente e

cambiar o peso dos días grises pola forza para capear o resto do inverno.

2016-02-22_18.35.07

 

Deja tu respuesta