Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

Xa o temos todo preparado para a nosa escapada de fin de semana á capital. Serán os días 23,

24 e 25 de Setembro, e xa estamos impacientes.

Billetes de tren na man, hostal reservado e billetes da Warner mercados, só falta os últimos

retoques de última hora, pero polo demais todo marcha en orden

O noso itinerario será o seguinte:

Chegaremos o venres á 1 da tarde, deixaremos o equipaxe e comeremos tranquilamente,

despois dedicaremos a tarde para coñecer o centro de Madrid, as rúas e os monumentos mais

emblemáticos.

O sábado pasaremos todo o día no parque de atraccións da Warner, entre atracións e

espectáculos; e o domingo, antes de marchar daremos unha voltiña polo parque do Retiro.

Agora só queda esperar a que chegue o gran día, e afrontalo con moitas ganas!

tren

VOLVER