Visita a APEM

Por: | Etiquetas:: , , | Comentarios: 0 | diciembre 9th, 2015

A semana pasada visitáronnos nenos e nenas de 10 anos de dous colexios, CEIP Ponte do Porto e CEIP O Areal de Camariñas, 4 profesores e a Concelleira de Servizos Sociais, a visita foi pola mañá, durante a cal se lles explicou que é a enfermidade mental e como traballa APEM pola integración deste colectivo, tamén visitaron as instalacións da unidade residencial así como o C.R.P.L. onde puideron ver de primeira man as actividades que se levan acabo.

Foi unha experiencia moi enriquecedora para todos, os nenos e nenas andes de marchar deixaron as súas impresións plasmadas nun pequeno mural do cal colgamos a foto para compartir convosco o que uns alumnos de primaria opinan sobre APEM despois da súa visita…

20151209_144658

Deja tu respuesta