Visita do IES Pedra da Aguia (Camariñas)

Por: | Etiquetas:: , , | Comentarios: 0 | mayo 16th, 2016

O pasado martes 10 de maio recibimos a visita dos alumnos e das alumnas de 4º de ESO do IES

Pedra da Aguia da Ponte do Porto (Camariñas).

A visita, que se extendeu desde as 16:00 ata as 17:30, dividiuse en 3 partes. Nun primeiro

momento a nosa coordinadora Junquera deulle a benvida a este grupo de arredor de 30

estudiantes, trala cal tomou o relevo Sergio, o psicólogo do centro, que lles fixo unha pequena

introducción ó mundo da psicopatoloxía. Esta primeira parte estivo ben aderezada polo

material audiovisual proxectado polo noso máis que versátil monitor Ramón. Resultou moi

gratificante comprobar o interese e o alto nivel de participación do grupo. Seguro que nuns

anos sairán del uns cantos e unhas cantas profesionais no ámbito da saúde mental.

Despois foi o turno da nosa educadora Inés, que os/as guiou polas instalacións, desde a sala de

coidadores, pasando polo despacho de coodinación e a zona das habitacións da residencia, ata

a cociña, onde as nosas grandísimas chefs Matilde e Cris limpaban con esmero uns 40kg de

robaliza salvaxe, menú que os nosos usuarios e usuarias disfrutarían posteriormente.

O último destino e o máis importante de todos foi o taller, no que coma cada día facían as súas

tarefas os verdadeiros anfitrións da visita: os nosos usuarios. Alí o grupo de estudiantes puido

interactuar con todos eles: coñeceron algunhas das historias da nosa xente, o seu traballo,

fixeron todas as preguntas que quixeron… e ata escoitaron un dos himnos da súa terra cando

un dos nosos residentes se arrancou con “Ó pasar por Camariñas…”!!

En definitiva, unha experiencia do máis enriquecedora para todos.

Esperamos repetir!20160510_174449

Deja tu respuesta