XA ESTÁ AQUÍ O ENTROIDO

Por: | Etiquetas:: , , , | Comentarios: 0 | febrero 16th, 2015

cee-vimianzo (1)

En Cee e Vimianzo levamos xa varios días preparando a nosa festa de entroido! Os que nos coñecedes xa sabedes que nos gusta explotar a nosa creatividade ó máximo e estamos xa con moitas ganas de ensinarvos as nosas actuacións e por suposto toda a decoración! Este ano imos volver ó pasado, ós anos 80, e invitámosvos á nosa discoteca particular! Discotequeros, hippies, rockeros,chicas da época… e uns pinchos moi orixinais son os nosos ingredientes para pasar unha tarde repleta de diversión. Amosámosvos algúns momentos de traballo e na próxima entrega  veredes o resultado.

cee-vimianzo (1) cee-vimianzo (2)