Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

O pasado martes os usuarios do CRPL Os chopos de Carballo pasamos una xornada  no Polideportivo Carballo-Calero da localidade aprendendo a xogar o Xogo tradicional da Billarda. Ensinounos  a técnica o Campión da Conferencia Noroeste da INB, Liga Nacional Galega de Billarda, Xosé Collazo Regueiro, o que queremos darlle publicamente as grazas.

No xogo traballamos a cooperación en equipo, a psicomotricidade, os reflexos, e o final resultou una mañan distendida e divertida.

Carballo-Billarda

Máis info aquí: https://www.facebook.com/xose.collazoregueiro/posts/640007942800771

VOLVER