Xornadas de portas abertas

Por: | Etiquetas:: , | Comentarios: 0 | diciembre 20th, 2016

Este Nadal,queremos amosarvos a todos os que esteados interesados as nosas instalación e o noso CRPL “Sara Vázquez” na Casa Rosa, no Burgo.

Por este motivo, estamos moi contentos de comunicarvos que o día 20 de decembro  ás 10 da mañá inauguraremos as nosas xornadas de portas abertas. Nun acto no que contaremos ca presenza de conselleira de benestar do Concello de Culleredo, e ca participación do coro Voces Veteranas de Culleredo, que nos amenizarán a velada cunhas panxoliñas, e tamén, co coro dos usuarios do centro.

Pero o que nos fai especial ilusión, é amosarvos o Belén de Fofuchas feito a man polos usuarios do nodo CRPL; un Belén que ten detrás moitas horas de traballo, dedicación e ilusión, e que estamos seguros, de que será do agrado de todos vos.

As xornadas de portas abertas prolongaranse ata o día de Reis (agás fins de semana e festivos); os días 20, 21 e 22 en horario de mañá e de tarde, e o resto dos días só en horario de maná.

ESPERÁMOSVOS

 

Culleredo