XXI MERCADO DAS MARAVILLAS

Por: | Etiquetas:: | Comentarios: 0 | julio 27th, 2015

O pasado mércores 22 un grupiño de usuarios e profesionais de Apem Cambre desprazámonos ata A Coruña para visitar o XXI mercado das marabillas, a feira medieval que tivo cita esta semana na cidade vella da Coruña.

Dotados duns bocatas para o almorzo fomos dispostos a pasar o día e perdernos  polas rúas empedradas e  decoradas con pendóns e baderillas, disfrutando dos espectáculos que amenizaba a feira. Deste modo, sufrimos un pouco co atrevido faquir, bailamos ao son das gaitas e tambores e percorremos as rúas tras cabaleiros e rufiáns que alí se concentraron.

Todo isto ocorría entre unha mestura de olores diferentes e un sen fin de postos de artesanía, polo que tamén caeu algún que outro capricho ou algún agasallo para a familia.

Quédanos a espiñiña de non poder ver o espectáculo de cetrería, que ese día non tiña actuación, e as xustas dos cabaleiros; polo que esperamos voltar para o ano que ven  e repetir a magnífica experiencia!

2015-07-23_12.06.43 2015-07-23_13.46.31 20150722_144341

 

Deja tu respuesta