XXII Feira das Maravillas

Por: | Etiquetas:: , | Comentarios: 0 | julio 26th, 2016

Este ano, como cada ano dende fai bastante tempo, os chicos de Apem Culleredo achegámonos ata a cidade vella da Coruña para perdernos pola súa feria medieval!

É unha cita á que  non faltamos nunca, nos encanta pasear polas rúas empedradas decoradas con ornamentas medievais, observar os postos de artesanía (e xa de paso coller algún que outro recorte para os nosos talleres), ver os espectáculos na rúa e tomar un café entre todo ese ambinte cunha mestura de olores dos mais variopintos: queixos, doces, embutido, xabóns, e a comida que están a preparar os distintos postos que hai por toda a feria para encher o bandullo que nos ofrece un abanico amplísimo de posibilidades, e que nos fai a boca auga aínda que sexan as 12 da mañá.

Nos encantan as feiras medievais, e nos encanta a feira medieval da Coruña.

 

Culleredo