Despedímonos polo momento do M.A.C

Por: | Etiquetas:: , , | Comentarios: 0 | julio 3rd, 2017

Hoxe tivemos que despedirnos da actividade que estivemos realizando todos os xoves finais de cada mes no Museo de Arte Contemporáneo da Coruña. Pero isto non foi un adeus definitivo senón un ata pronto, xa que en setembro volveremos á carga e, ademais, no mes de xullo poderémos gozar doutro tipo de actividades ás que sen dúbida asistiremos (maxia, concertos, etc.). Durante todo este tempo puidemos deixar voar a nosa creatividade e imaxinación. Cada día no MAC foi unha nova aventura, outra experiencia máis que fomos sumando ás nosas vivencias e algo novo que aprendemos uns dos outros. Hoxe fixemos un recorrido por todo o museo a través de diferentes probas que tivemos que ir superando e, ollo, algunha non era nada fácil, cambiamos nomes a varias obras, sacamos fotos representando outras imaxes, e ata fixemos de actores e actrices para un vídeo de medo! Seguiremos informando de todas as argalladas que levemos a cabo.

 

Chopos

Deja tu respuesta