Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

IMG-20150917-WA0018
Hai uns días usuarios/as do CRPL de Cee e Vimianzo realizaron de novo unha ruta en kayak no Ézaro, ata aquí todo normal… Pero se vos dicimos que os acompañantes foron Pereiro e Touriñán da TVG xa vos cambia a cara non? A nós tamén!
Foi unha tremenda casualidade atoparnos con eles hai unha semana, cando un grupo de usuarios/as iniciaban unha estancia vacacional realizando esta actividade por primeira vez; pero cando nos viron interesáronse pola entidade e decidiron que sería boa idea quedar de novo para grabar un video xuntos! Para que? Pois parece que están a organizar unha gala no Ézaro e queren emitilo na mesma!!! Non sabemos para cando, pero tede por seguro que vos informaremos!
E ata aquí non chega todo, senón que tan boas migas fixeron que accederon a vir a coñecer os centros da zona e deixar que os participantes no espacio que temos na Radio Ser – Nordés cada semana, os entrevisten!
Seguiremos informando para que non faltedes a gala e sintonicedes a radio para escoitarnos!

VOLVER